Xunto co Confucionismo e o Budismo, forma a base da Relixión Tradicional Chinesa.
O taoísmo é unha tradición que, co seu tradicional contraste, o confucionismo, modelou a vida chinesa por máis de 2000 anos. O taoísmo enfatiza a espontaneidade ou liberdade da manipulación socio-cultural polas institucións, linguaxe e prácticas culturais. Como o conceito confucionista de governo consiste en facer que todos sigan o mesmo tao moral, manifesta anarquismo - defendendo esencialmente a idea de que non precisamos de nengunha orientación centralizada. As especies naturais seguen camiños apropriados a elas, e os seres humanos son unha especie natural. Seguimos todos por procesos de aquisición da sociedade diferentes normas e orientacións, e sen embargo podemos vivir en paz se non procuramos unificar todas estas formas naturais de ser. Así, o taoísmo representa de moitas maneiras a antítese do conceito confucionista referente a deberes morais, coesión social e responsabilidades governamentais, mesmo que o pensamento de Confucio inclua os valores taoístas e o inverso, como se pode ler nos Anales de Confucio.
Tradicionalmente, o Taoísmo é atribuído a tres fontes principais:
O Dao De Xing , ou Tao Te Ching, foi escrito nunha época de aparentemente incesantes guerras feudais e conflitos constantes. O significado literal do título é aproximadamente "Camiño da Virtude Clásica" ou tamén como "o Libro do Camiño e da Virtude".
Segundo a tradición (largamente rexeitada polos estudiosos modernos), o autor do libro, Lao Tse, era un oficial menor da corte dun imperador da dinastia Zhou. Tornouse desgostoso coas intrigas triviais da vida en corte, e partiu sociño en viaxe polas vastas terras ao oeste. Cando estaba prestes a pasar polos portións do último posto avanzado do oeste, un guarda, havendo ouvido sobre a súa sabedoría, lle pediu que escrebese sobre a súa filisofía, e o Dao De Xing foi o resultado. Lao Tse reflexionaba sobre un camiño a seguir pola humanidade, que puxese fín aos conflictos e ás guerras. Chegou a algunhas páxinas de versos curtos, que se tornaron o Dao De Xing. Ese é o libro que orixinou o Taoísmo. A evidencia académica suxere que o texto foi tomando forma ao longo dun grande período na China pre-Han e circulou en varias versións e coleccións editadas ata a ser padronizado logo despois da era Han.
Moito da esencia do Tao está na arte do wu wei (actuar polo non-actuar). sen embargo, isto non significa "espere sentado que o mundo caia no seu colo". Esa filosofía descrebe unha práctica de se realizar cousas a través da ación mínima. Polo estudo da natureza da vida, vostede pode influenciar o mundo do modo máis fácil e menos disruptivo (usando a fineza en vez da forza). A práctica de seguir a corrente do río en vez de ir contra ela é unha ilustración; unha persoa acada moito máis non por loitar e se debater contra a auga, mais permanecendo queda e seguindo á corrente do río.
O Wu Wei funciona a partir do momento en que confiamos no "deseño" humano, perfeitamente axustado para o noso lugar na natureza. En outras palabras, confiando na nosa natureza en vez da nosa racionalidade, nós podemos atopar felicidade sen unha vida de loita constante contra forzas reais e imaxinarias.
Aínda que os aspectos relixiosos específicos non se mencionan no Tao Te King ou Zhuang Ci, á medida en que o taoísmo se espallou pola poboación da China, mesturouse con algunhas crenzas preexistentes, como a Teoría dos Cinco Elementos, a alquimia e o culto aos ancestrais. O Budismo chan chinés tamén foi directamente influenciado por filosofias taoístas.Por fín, elementos do taoísmo se combinaron con elementos do Budismo e do Confucionismo na forma do Neo-Confucionismo. Tentativas de alcanzar maior lonxevidade eran un tema frecuente na maxía e alquimia taoístas, con varios feitizos e pocións, aínda existentes, con ese propósito. Moitas versións antigas da medicina chinesa eran enraizadas no pensamento taoísta, e tanto a medicina chinesa moderna como as artes marciais chinesas son tamén de varios xeitos baseadas en conceitos taoístas, como o Tao, o Qi, e o equilibrio entre o Yin yang e o Yin yang.
Con o tempo, a absoluta liberdade dos seguidores do taoísmo pareceu ameazadora á autoridade de alguns governantes, que incentivaron o crecimento de sectas máis comprometidas coas tradicións confucionistas. Unha igrexa taoísta formouse ao fín da dinastia Han, por Zhang Daoling. Moitas sectas evoluíron a través dos anos, mais a maioría traza súas orixes a Zhan Daoding, e gran parte dos templos taoístas modernos pertence a unha ou outra desas sectas. As igrexas taoístas incorporon panteións inteiros de divindades, incluindo Lao Tse, Zhang Daoling, o Imperador Amarelo, o Imperador Xade, Lei Gong (O Deus do Trebón) e outros. As dúas maiores igrexas taoístas da actualidade son a Seita Zhengyi (evoluída dunha seita fundada por Zhang Daoling) e o Taoísmo Canzhen (fundado por Wang Chongyang).
A filosofía taoísta é practicada en varias formas, noutros países alén da China. Kouk Sun Do na Corea é unha desas variacións.
A filosofía taoísta encontrou moitos seguidores arredor do mundo. Genghis Khan compartía á filosofía taoísta, e durante as primeiras décadas de dominación mongol, o taoísmo viu un período de expansión, entre os séculos XIII e XIV. Por iso, moitas escolas taoístas tradicionais manteñen centros de ensino en varios países arredor do mundo.
طاوية | Даоизъм | Taoisme | Taoisme | Daoismus | Taoism | Taoismo | Taoísmo | Taoism | Taoismo | Taolaisuus | Taoïsme | טאואיזם | ताओ धर्म | Taoizmus | Taoismo | Taoisme | Taoismo | Taoismo | 道教 | 도교 | Daoisms | Taoisme | Taoismus | Taoïsme | Taoisme | Taoizm | Taoísmo | Taoism | Даосизм | Taoizam | Taoism | Taoizem | Taoism | Taoizm | Đạo giáo | 道教 | Tō-kàu
This article is licensed under the GNU Free Documentation License.
It uses material from the
"Taoísmo".
Home Page • arts • business • computers • games • health • hospitals • home • kids & teens • news • physicians • recreation• reference • regional • science • shopping • society • sports • world